viernes. 19.04.2024
O tradicional xantar de despedida do Entroido tivo lugar no pavillón polideportivo. | FOTO: Carlos Montero.
O tradicional xantar de despedida do Entroido tivo lugar no pavillón polideportivo. | FOTO: Carlos Montero.

A celebración do Domingo de Piñata puxo o broche final ao Entroido de Verín. Este ano, ademais de co tradicional xantar popular, o Concello de Verín quixo agasallar aos participantes no desfile cunha última festa vespertina amenizada pola Disco Mobil Son de la Nuit.

O rematar o xantar, no que participaron preto de trescentas persoas, concedéronse os galardóns "Cigarrón de Honra" e "Pescadilla"; que foron entregados -respectivamente- por Gerardo Seoane, alcalde de Verín, e Luisina (viúva do "Pescadilla").

Parte do equipo de Goberno, con "Luisina", viúva do "Pescadilla" -terceira pola dereita- e a raíña do Entroido, Dona Elena, sentada. | FOTO: Carlos Montero. 

Tamén estiveron presentes no acto Diego Lourenzo, tenente de alcalde; Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos; Puri Caldelas, concelleira de Desenvolvemento Rural e Medio Ambiente; Julio Viéitez, concelleiro de Servizos Públicas; é Dona Elena, a raíña do Entroido.

Os dous premiados este no co galardón "Pescadilla" e Cigarrón de Honra
Os dous premiados este ano co galardón "Pescadilla" e Cigarrón de Honra: Montse Garrido e David García, respectivamente. | FOTO: Carlos Montero. 

Os premiados foron os seguintes:

- Premio Cigarrón de Honra: David García Santamarina.

- Premio "Pescadilla": Montse Garrido Lamas.

NOTICIAS VERÍN | Unhas 300 persoas despediron no pavillón ao Entroido 2023