Xoves. 28.03.2024
180322 LAZARO 2018 DOMINGO 18MIMG_9320 CMZ-2
Feira do Lázaro no 2018, celebrada tamén na Praza da Merced. | FOTO: Arquivo.

O Concello de Verín vén de abrir o prazo de inscrición para todas aquelas empresas, establecementos e artesáns que queiran participar na Feira do Lázaro cun espazo expositor; ben na feira de alimentación, ben na de artesanía que se celebran conxuntamente e que, nesta edición, volven á Praza da Merced.

A Feira do Lázaro de Verín celebrarase durante os días 25 e 26 de marzo na céntrica Praza da Merced. Localización na que se situarán os stands exteriores cun horario de mañá e tarde, sendo pechado o recinto feiral ó mediodía. Aquelas empresas ou artesáns interesados en participar e ter un dos postos de exposición, deben formalizar a súa candidatura antes do día 6 de marzo. 

A inscrición para os expositores inclúe o alugueiro do propio stand exterior, rótulo, iluminación e punto de luz. Cada stand conta cunhas dimensións de 9 metros cadrados, sendo todos iguais. O valor da inscrición é de 70€. Segundo establece a organización do evento, terán prioridade a participación comarcal, antigüedade na participación no evento, así como a posesión do carnét de artesán (por esa orden). 

A montaxe maila decoración do espazo expositivo deberá ser realizada, como límite, antes das 09:45 horas do sábado 25 de marzo. Do mesmo xeito, a desmontaxe do stand deberá realizarse ó rematar a feira ou o luns de mañá, como moi tarde ás 11h. A decoración, limpeza e seguridade dos stands serán responsabilidade das persoas que os ocupan.

Para poder participar na Feira do Lázaro de Verín 2023, as solicitudes de inscrición e participación poderán ser presentadas ben electrónicamente, ben presencialmente. No caso de inscrición electrónica, deberá ser realizada a traves do mail [email protected] ou na sede electrónica do Concello de Verín -https://verin.sedelectronica.gal-, a través da instancia xeral e anexando a folla de inscrición que se pode descargar no taboleiro electrónico. No caso de facer unha inscrición presencial, as opcións son realizala ben no Rexistro físico do Concello de Verín, ben na Oficina de Desenvolvemento Local; ambos situados no andar baixo da casa consistorial da vila. o s/n).

NOTICIAS VERÍN | Ábrese o prazo de inscrición para os expositores da Feira do Lázaro