A comarca de Verín comeza un novo día marcado polas baixas temperaturas, que obrigaron a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) a activar o aviso amarelo por frío durante esta noite. Todo o sur de Ourense mantivo este nivel de alerta ata as 10:00 horas, xa que as temperaturas mínimas podían superar os -4 graos.
Segundo MeteoGalicia, o valor máis extremo rexistrado na comunidade durante esta noite foi o de Baltar, onde os termómetros acadaron os -6,7 graos ás 6:40 horas deste martes. Verín non quedou moi atrás e marcou a segunda temperatura máis baixa de toda a comunidade, con -6,1 grados rexistrados ás nove desta mañá.
Noutros municipios da comarca, as mínimas tamén se situaron preto dos -6 graos en Cualedro e Monterrei, mentres que en Oímbra aos -5 graos. No caso de Castrelo do Val, Laza, Vilardevós e Riós, o pronóstico marcou baixas temperaturas de entre os -3 e os 0 graos.
A previsión para os vindeiros días é que as temperaturas mínimas suban lixeiramente e agárdanse precipitacións na xornada do xoves, especialmente na tarde-noite.