Venres. 29.03.2024
Capilla de San Antón. En su exterior se celebrará este lunes la eucaristía. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
Capela do Santo Antón. Ó seu redor celebrarase mañá a tradicional romaría. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

É a primeira das celebracións gastronómicas que se celebran na bisbarra cada ano e unha das de máis arraigo na veciñanza. Unha tradición que se encontra entre a mitoloxía ancestral e a relixiosidade popular, que busca facer unha ofrenda ó protector benefactor: antigamente, ás forzas da natureza e, hoxe, ó Santo Antón. Pero, máis que iso, é a tradición de xuntarse pandillas enteiras, familias e amigos para gozar dunha bo xantar campestre.

As previsións meteorolóxicas non son as mellores para pasar o día no monte. A Axencia Estatal de Meteoroloxía anuncia unha previsión do 100% de choiva durante todo o día e unha temperatura máxima de 7 graos. Nembargantes, a climatoloxía non fará que a veciñanza de Verín deixe de acudir a celebrar unha festa na que divertirse, cantar, comer e beber ó aire libre.

Tampouco faltará a celebración relixiosa. A romaría sairá dende Ábedes ó redor das 12h. para chegar ata a capela e celebrar a misa solemne coa bendición para protexer ós animais ás 13h. O que non está tan claro é que podan asistir os Cigarróns, como é tradicional, por mor da choiva. 

Como cada ano, membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Verín permanecerán todo o día para velar pola seguridade das persoas que asistan á romaría. Dende a Agrupación e dende o Concello, como sempre, piden "que se disfrute da festa con sentidiño" e que se segan as indicacións para o acceso e saída do recinto "polo ben de todos e todas". Do mesmo xeito, haberá que tomar as oportunas medidas de precaución para os lumes que se fagan.

San Antón2023_plano acceso
Plano de circulación para o acceso e saída á capela do San Antón.

O acceso para vehículos poderase realizar dende Ábedes e dende a rúa San Antón. A estrada que une a capela coa glorieta da rúa Canella Cega terá un único sentido de circulación, dirección Verín. 

NOTICIAS VERÍN | Chourizo, pan e viño... chega a romaría do Santo Antón