sábado. 20.04.2024
IV encontro PreEntroido Albarellos 2023
A xuntanza terá lugar o 4 de febreiro en Albarellos de Monterrei.

Será o vindeiro 4 de febreiro, sábado, cando Albarellos de Monterrei celebre o IV Encontro pre-Entroido nas súas rúas. Unha xornada lúdica que pretende reivindicar a tradición do Entroido na vila. Por cuerto ano, dende a organización animan a todos e todas as que teñen "chocas" a participar para "botar unhas carreiras" e levar o son do Entroido a tódalas casas.

A cita é na Praza Ángel Medeiros a partir das 19:30h, onde se xuntarán todas as persoas que queran facer soar as súas chocas e percorrer as rúas do pobo. Estarán acompañadas polo son dos bombos do grupo "O trebón do Mildeu".

WhatsApp Image 2023-01-03 at 10.34.40
A organización sorteará unha cesta de produtos para o cocido.

Máis tarde, ás 21:30h na mesma praza, haberá unha churrascada popular con pan, viño, auga e churrasco cun prezo simbólico de 6€. As entradas poderanse coller nos establecementos de Albarellos. Ademais, tamén se porán a venda as rifas para o sorteo dunha cesta de produtos típicos do tradicional cocido do Entroido con viño, garavanzos, repolo, patacas e carne. Un sorteo que se realizará o mesmo día 4 de febreiro.

NOTICIAS VERÍN | Albarellos organiza a cuarta edición do seu "Encontro pre-Entroido"