jueves. 25.04.2024
Santos Álvarez, José Ángel Rodicio e María Isabel González presentaron "Os 6.000 de Verín".
Santos Álvarez, José Ángel Rodicio e María Isabel González presentaron "Os 6.000 de Verín".

A Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín (AEVER) presentou esta mañá a campaña "Os 6.000 de Verín", que busca incentivar a compras no Nadal e premiar a fidelidade dos clientes. José Ángel Rodicio, xerente de AEVER; Santos Álvarez, presidente da asociación; e María Isabel González, concelleira de Comercio, foron os encargados de dar comezo a esta campaña, que xa está en funcionamento dende hoxe e rematará o 27 de decembro.

"Os 6.000 de Verín" contou cunha boa acollida por parte dos clientes e dos asociados de AEVER nas dúas anteriores edicións e, por iso, vai por unha terceira con novidades. Este ano, os premios aumentan e pasan dos oito aos 15 que se repartirán nun cheque por valor de 2.000 euros, outro de 1.000, dous de 500, tres de 300, tres de 200 e cinco de 100.

O sorteo terá lugar ante notario o 28 de decembro e participar nel é sinxelo. Os clientes deberán cubrir as papeletas que lle entregue cada establecemento polas compras realizadas, cos seus datos de contacto (nome, apelidos, DNI e número de teléfono). Nesta campaña participan 110 comercios de AEVER, nos que haberá uns buzóns nos que se depositarán as papeletas.

Unha vez feito o sorteo, os premiados terán ata o 5 de xaneiro de 2023 para canxear os cheques por compras nos establecementos adheridos.

NOTICIAS VERÍN | Os comerciantes de AEVER duplican premios para os clientes neste Nadal