Xoves. 28.03.2024
A Asociación Española contra o Cancro saíu á rúa en Verín para sensibilizar sobre o voluntariado.
A Asociación Española contra o Cancro saíu á rúa en Verín para sensibilizar sobre o voluntariado.

A Asociación Española contra o Cancro (AECC) tomou a Praza García Barbón para sensibilizar á veciñanza sobre a importancia dos voluntarios. A entidade contou cunha mesa informativa na que animaron a calquera persoa que queira unirse ao equipo do voluntariado contra o cancro.

Esta campaña de sensibilización comezou en Verín e tamén no Campus de Ourense da Univerisdade de Vigo, onde tamén instalaron unha mesa informativa, e continuará no Barco e en Xinzo. O obxectivo é visibilizar todas as actividades que fan os voluntarios de AECC como son o acompañamento e apoio dos pacientes, axudar na dinamización de rutas saudables, sensibilizar contra o cancro ou desenvolver talleres científicos.

Dende a asociación reiteran que o voluntariado adáptase ao tempo dispoñible e circunstancias de cada persoa. Unhas poucas horas que se poidan ceder son unha axuda. "Grazas á túa solidariedade, a mellora e o cambio son posibles", destacan

Para unirse ao voluntariado contra o cancro pódese chamar aos números 988 219 300, 900 100 036 ou no 685 728 039, este último da delegación en Verín. Ademais, están dispoñibles os enderezos electrónicos [email protected][email protected] e a na oficina da Praza García Barbón tamén se pode obter a información e unirse, ao igual que na web de AECC.

Cartel da campaña de sensibilización sobre o voluntariado contra o cancro.
Cartel da campaña de sensibilización sobre o voluntariado contra o cancro.

NOTICIAS VERÍN | O voluntariado contra o cancro visibilízase e busca novos integrantes