sábado. 20.04.2024
Entrega de casta+¦as aos achegados ao Magosto de Ver+¡n 1
Unha nena recibe castañas asadas no magosto de Verín de 2021.

A chegada de novembro trae consigo unha das festas tradicionais da provincia: os magostos. As localidades prepáranse para festexalo en cada recuncho e as castañas serán as protagonistas, aínda que non estarán soas. Algunhas localidades xa comezaron cedo a festexar os magostos, como foron os veciños de Florderrei, en Riós; ou os de Toro, en Laza, que se xuntaron a pasada fin de semana para celebralos.

Agora, quedan por diante catro semanas cheas de festa en moitos puntos da comarca e aquí podes consultar as datas dalgúns dos magostos previstos.

VERÍN

  • A Biblioteca Pública de Verín contará cun magosto para os cativos o 11 de novembro, de 18:00h a 19:30h. Os cativos deberán ser socios do espazo e terán que inscribirse previamente nesta actividade, dirixida a idades entre os 3 e 9 anos. Contarán contos e lendas, pero tamén farán manualidades.
  • 12 de novembro dende as 19:00h na Praza García Barbón. Repartiranse castañas asadas de balde para quen as queira e a xornada estará amenizada Banda de Gaitas do Concello de Verín e co grupo de pandereteiras As Travesas da Mezquita.

 

LAZA

  • 11 de novembro, a partir das 20:00h, en Trez.
  • 12 de novembro, en Matamá, dende as 21:00h.
  • 19 de novembro, magosto en Laza a partir das 21:00h.
  • 26 de novembro, en Souteliño, dende as 20:30h.

 

VILARDEVÓS

  • 12 de novembro, na Praza do Cruceiro a partir das 20:30h. Prezo de 10 euros e inscricións antes do 10 de novembro para participar neste magosto no que haberá churrasco, panceta, chourizos, castañas, bica, pan, viño, auga e licores. Ao remate amenizará a festa o dúo "Estelar".

 

Na comarca de Viana tamén se festexará o magosto, con algunhas citas clave. O concello vianés foi un dos primeiros en contar cunha festa nestes días e pronto será o turno doutros concellos.

A MEZQUITA

  • 11 de novembro, na Casa da Cultura a partir das 16:30h. O magosto contará con diversas probas e concursos que terán premio para os participantes. Pola noite haberá unha cea con empanada, chourizo, panceta, churrasco e castañas. O prezo é de 7 euros e o prazo para anotarse remata o 8 de novembro.

 

A GUDIÑA

  • Magosto gratuíto o 11 de novembro, no que haberá chourizos, costelas, panceta e castañas para a veciñanza. A festa será na Praza Maior a partir das 20:00h.

NOTICIAS VERÍN | A guía completa dos magostos na contorna