Venres. 29.03.2024
Cursos que ofrece o Concello de Verín para desempregados.
Cursos que ofrece o Concello de Verín para desempregados.

O Concello de Verín ofrece dous cursos AFD'S (formación para desempregados), que comezarán neste ano e serán completamente gratuítos. O prazo de inscrición para participar nalgún deles xa está aberto es as opcións son un curso de Socorrismo en instalacións acuáticas e outro de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións locais.

O requisito para acceder a calquera deles, que se inician no vindeiro mes, son a posesión do título da ESO ou de competencias clave NIVEL 2, así como o certificado de estar rexistrado no INEM como desempregado. As persoas que superen o curso obterán o Certificado de Profesionalidade, Nivel II.

O curso de Socorrismo en instalacións acuáticas desenvolverase do 24 de novembro ao 30 de marzo de 2023. A modalidade será presencial en horario de 9:00 a 14:00 horas, impartíndose na aula 23 da Casa da Xuventude. A formación de Atención sociosanitaria a personas dependentes en institucións sociais ofrecerase entre o 29 de novembro e o 26 de abril de 2023. Neste caso, o horario de clase é de 16:00 a 21:00 horas e a ubicación será a mesma, a aula 23 da Casa da Xuventude.

Para obter máis información ou inscribirse nalgún deste cursos pódese chamar ao 988 41 00 00 ou acudir á na segunda planta da Casa do Concello de Verín, oficina de Persoal.

NOTICIAS VERÍN | O Concello verinés ofrece dous cursos formativos para desempregados