viernes. 26.04.2024
A biblioteca do CEIP Amaro Refojo acolle diversas actividades entre os seus alumnos.
A biblioteca do CEIP Amaro Refojo acolle diversas actividades entre os seus alumnos.

O CEIP Amaro Refojo e o IES García Barbón son dous dos 25 centros educativos de toda Galicia que se unen ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares que impulsa a Consellería de Educación. A través desta iniciativa, terán a oportunidade de contar con aportacións económicas para a actualización dos fondos documentais das súas bibliotecas, renovar o mobiliario e outros equipamentos necesarios, ademais de financiar os gastos de funcionamento.

Neste plan autonómico participan 798 centros de toda Galicia, dándolle prioridade a aqueles de entornos rurais e ubicados en concellos de menor poboación. O presuposto que ten para este curso é de 1,6 millóns de euros para cubrir as necesidades de todos eles.

A compra dos fondos levarase a cabo, preferentemente, nas librarías da zona de referencia do centro e deberá incluír materiais destinados á atención da diversidade. Ademais, a multiculturalidade e as diversas linguas con presencia no centro deberán ser axeitadamente contempladas, sendo o 50% dos materiais adquiridos en galego. Tamén se poderá mercar mobiliario específico e adaptado ás necesidades de da comunidade educativa.

NOTICIAS VERÍN | Os centros Amaro Refojo e García Barbón mellorarán as súas bibliotecas