miércoles. 09.10.2024
A Gala da Igualdade do CMUS terá lugar o vindeiro sábado no Auditorio de Verín.
O CMUS repetirá esta ano a Gala da Igualdade.

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos do Conservatorio de Música de Verín xa ten en marcha o seu particular curso educativo. "Otro año más seguimos con la misma ilusión con la que nos embarcamos en este proyecto", destaca Javier Díaz, o presidente. Os primeiros encontros cos socios xa se celebraron para falar das novidades e os temas que involucran a esta comunidade educativa.

Esta ano contarán con diversas subvencións que lles axudarán coa súa actividade e tamén co traballo que se desenvolve nas aulas do Conservatorio de Verín. Por parte do Concello terán axudas para o funcionamento da asociación e para instrumentos, que serán seleccionados polos mestres en función das necesidades neste curso. "Le damos las gracias por esa partida para instrumentos y por la dotación de los ordenadores que hacen falta en una asignatura nueva de 3º de Profesional", apunta Díaz.

Por outra banda, a Deputación concédelles unha subvención para dotar á Aula de Percusión dos instrumentos que precisa e a Consellería de Igualdade tamén aportará para un proxecto que desenvolverán cos alumnos e toda a comunidade educativa

Otro año más seguimos con la misma ilusión con la que nos embarcamos en este proyecto (Javier Díaz, presidente da ANPA do CMUS)

Dende antes do inicio do curso educativo, que foi o pasado 8 de setembro, traballan co apoio do Concello e dos mestres do CMUS para organizar un ano cheo de "sorpresas". Nesta ocasión, igual que ocorre co número de alumnado, a ANPA tamén medra en número de socios que se unen ou os que repiten a súa participación.

As actividades que organizan seguirán sendo unha das súas apostas, para levar fóra das aulas todo o que se aprende no CMUS. "Tras el éxito y repercusión de los festivales del año pasado, seguimos trabajando por que vuelva a haber más en Verín", asegura Díaz. Para iso, manterán diversas reunións coas concellerías de Cultura e Educación. Ademais, despois da boa resposta dos rapaces trala excursión á Casa da Música do Porto, valoran repetir cunha nova saída neste ano.

Por último, na ANPA xa están organizando o "aluvión" de aportacións que lle chegaron para a elaboración da Revista Alborada, da que sairá o vindeiro número "en breve, coincidiendo con las actividades de Igualdad en el Conservatorio".

NOTICIAS VERÍN | A ANPA do CMUS reforza a súa aposta pola organización de festivais cos...