viernes. 26.04.2024
Cartel da campaña no comercio local de Verín.
Cartel da campaña no comercio local de Verín.

O Centro Comercial Urbano de Verín, integrado na Asociación de Empresarios de Verín (AEVER), participa nunha campaña impulsada pola Federación de Comercio de Ourense para incentivar as compras nesta tempada de outono. A iniciativa, que leva por nome "Mercar no teu comercio ten premio", arrinca mañá na vila e rematará o vindeiro 20 de outubro.

Os compras feitas nos establecementos adheridos axudarán a repartir 900 euros en premios entre os clientes. Participar é moi sinxelo, só haberá que gardar os tíckets de compra, de mínimo de 10 euros, que farán falta para o sorteo. Este terá lugar o día 20 na Praza García Barbón, onde cada un dos comprobantes se canxeará por un boleto entre as 18:00 e 20:00 horas, para logo depositalos nunha urna. Ás 20:05 horas coñeceranse os gañadores.

Os premios que se entregarán nesta campaña da Federación de Comercio son dúas tarxetas prepago de Abanca de 300 euros e seis de 50. Os gañadores terán que estar presentes no momento do sorteo, para recoller alí o premio que poderán empregar para pagar as súas compras no comercio local verinés.

En caso de que a meteoroloxía impida facer o sorteo, a organización poderá buscar unha alternativa que se anunciará nas redes sociais. Outra opción sería a facelo e comunicar os boletos gañadores polas redes da campaña.

NOTICIAS VERÍN | As compras no comercio local poden ter un premio de ata 300 euros