viernes. 19.04.2024
Valentín González Formoso e Gerardo Seoane encontráronse a pasada semana en Termatalia, onde participou o Concello de Verín.
Valentín González Formoso e Gerardo Seoane encontráronse a pasada semana en Termatalia, onde participou o Concello de Verín.

O secretario xeral do PSdeG PSOE, Valentín González Formoso, estará mañá de visita en Verín para reunirse cos socialistas da comarca. A súa primeira parada será a Casa Consistorial, onde firmará no libro de honra do Concello verinés para logo manter unha breve reunión para saber da situación da sanidade e a educación no municipio.

Despois de manter o encontro cos membros da corporación do PSdeG, Formoso desprazarase ata o centro de saúde verinés e alí atenderá ós medios de comunicación. Posteriormente, dirixirase á sede da agrupación de Verín, onde se reunirá de novo co equipo do goberno local, acompañados doutros alcaldes da comarca, secretarios xerais, portavoces e a coordinadora comarcal. Unha vez rematada esta xuntanza, terán unha comida na que participarán todos eles.

Pola tarde, Formoso visitará o parque empresarial, onde poderá ver de primeira man as obras do Río e Viñedo. Sobre as 17:30 horas contan con finalizar esta xornada de reunión socialista na vila.

NOTICIAS VERÍN | O secretario xeral do PSdeG visita mañá ós socialistas da comarca