sábado. 20.04.2024
O grupo "Entre nais" é unha iniciativa do CIM da Mancomunidade de Verín.
O grupo "Entre nais" é unha iniciativa do CIM da Mancomunidade de Verín.

O Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Verín comeza hoxe cos obradorios do seu grupo "Entre nais", que o retoman unha vez máis para ofrecer apoio na maternidade. Este luns terán o primeiro taller no pavillón municipal de Verín ás 18:00 horas, no que se abordará o tema da alimentación complementaria e o método Baby Led Weaning. Para conducir esta sesión contarán con Patricia Babylactancia, unha asesora de lactancia materna.

A programación para o resto do mes de outubro xa está preparada, e levarase a cabo cada luns no pavillón municipal. A próxima semana falarán do apego, a base do coidado e a autoestima, da man dunha psicóloga. O 17 de outubro abordarán a depresión posparto con outra profesional da psicoloxía. O día 24, a sesión centrarase na saúde no parto e para iso contarán cunha matrona para tratar o tema. O mes rematará o 31 cun taller sobre primeiros auxilios no bebé, no que persoal especializado lles amosará como deben actuar.

Os obradoiros son todos de balde, pero precisan dunha reserva de praza que se pode facer a través do WhatsApp 611 507 540. As nais poden ir acompañadas dos seus bebés e dos pais. A iniciativa, que está subvencionada polos sete concellos da comarca, conta tamén cun grupo de Facebook ao que as nais se poden unir para conversar sobre dúbidas no proceso de embarazo ou na crianza. Para formar parte del só tes que clicar aquí.

Programación do grupo "Entre nais" para o mes de outubro.
Programación do grupo "Entre nais" para o mes de outubro.

NOTICIAS VERÍN | O CIM da comarca arranca cos talleres de apoio na maternidade