jueves. 25.04.2024

Diario do Támega pon disposición de todos os seus lectores unha nova forma de acceso á información diaria da comarca. Os que queiran ter todas as noticias a un só clic, só teñen que unirse á lista de difusión de Whatsapp do xornal. Esta ferramenta permitirá recibir no móbil, diariamente, todas as publicacións do Diario do Támega, podendo acceder ás informacións e compartilas nas redes sociais, todo dunha forma moi sinxela.

PARA UNIRSE só é preciso que envíen unha mensaxe a través de Whatsapp co nome, apelidos e concello ao que pertencen ao número 640 93 49 81 (Diario do Támega).

Este mesmo servizo de lista de difusión en Whatsapp tense convertido na canle de comunicación principal para miles de xornais e revistas en todo o mundo. Permite enviar unha mensaxe a centos de persoas de xeito privado, cunha comunicación directa e exclusiva entre o usuario e o Diario do Támega. A privacidade da conversa é a que marca a diferencia cos grupos de Whatsapp, nos que a charla é común a todos.

O servizo, que xa está activo, facilitará que se reciba unha mensaxe de luns a domingo coas informacións do xornal: noticias, entrevistas, vídeos e outras recomendacións de lectura. Nestes últimos dous meses o Diario do Támega bateu récords de visitas, chegando a superar os 2.000.000 en agosto e os 1.500.000 en xullo grazas ás coberturas de tráxicos sucesos como foi o incendio de Verín o día 3 do mes pasado. Para recibir ó momento toda o que acontenza, só hai que unirse á lista de difusión de Whatsapp.

IMPORTANTE!: Enviar nome+apelidos+concello e envía mensaxe ao número 640 93 49 81 (Diario do Támega).

NOTICIAS VERÍN | As informacións do Diario do Támega, directamente ó teu Whatsapp