miércoles. 08.05.2024
Entrega do premio Star ó colexio María Inamaculada de Verín.
Entrega do premio Star ó colexio María Inamaculada de Verín.

O colexio María Inmaculada de Verín acaba de ser recoñecido polo seu compromiso co transporte seguro, sostible e saudable dentro da súa comunidade educativa. O centro recibiu onte unha distinción do proxecto europeo Stars (Acreditación e Recoñecemento de Desprazamentos Sostibles para Colexios), onde é o mellor valorado xunto a outras 160 escolas de toda España.

No marco da Semana Europea da Mobilidade, que remata mañá, o María Inmaculada de Verín recibiu esta distinción na Subdelegación de Goberno de Ourense de mans de Emilio González, subdelegado na provincia. O premio Stars, no que tamén colabora a Dirección Xeral de Tráfico, valora os esforzos deste centro educativo por fomentar entre o alumnado os desprazamentos sostibles e seguros, tanto en bicicleta como a pé.

O María Inamulada lidera a listaxe dos dez centros mellor puntuados de todo o país con 185 puntos, xunto a outros de Jaén, Albacete e Madrid. Na provincia só hai catro colexios están acreditados por Stars, que son tamén os únicos de Galicia. Acompañando ó de Verín, e son o Cardenal Cisnerios e Franciscanas de Ourense e o Filomena Dato de Barbadás.

Esta iniciativa está dirixida a alumnos de entre 6 e 19 anos, pero tamén é extensible a toda a comunidade educativa incluíndo a pais, profesores, equipos directivos e persoal non docente. O único que se precisa é un coordinador que acredite ó centro educativo e sexa o responsable de actualizar os datos ao longo do curso escolar. 

Os obxectivos do programa Stars, no que está adherido o María Inmaculada de Verín, son aumentar o número de nenos e adolescentes que se desprazan a pé ou en bicicleta ó colexio ou instituto, fomentar a autonomía da infancia nas cidades, promover o compromiso da xente nova co espazo público e impulsar estilos de vida saudable e de coidado do medio ambiente.

NOTICIAS VERÍN | O colexio María Inmaculada, seguro en mobilidade sostible