sábado. 27.04.2024
Os rapaces das escolas deportivas de verán participaron nuns peculiares Xogos Olímpicos para despedirse.
Os rapaces da escola deportiva de verán participaron nuns peculiares Xogos Olímpicos.

A Escola de Verán do Concello de Verín chegou á súa fin cunha intensa xornada chea dos seus principais eventos deportivos. Na segunda quincena de agosto celebraron o Mundialito 3x3 de fútbol e fútbol sala e os seus Xogos Olímpicos nos pavillóns municipais e nas piscinas. Os eventos tiveron o obxectivo de que os nenos participantes coñecesen o mundo da competición dende unha perspectiva de equipo.

Participar foi o mellor premio para estes cativos, pero aínda así recibiron unha medallas conmemorativas e tiveron a oportunidade de subirse ó podio. O tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo; e a concelleira Rosario Rodríguez, foron os encargados de entregarllas.

O torneo do Mundialito 3x3 de fútbol e fútbol sala reuniu a 28 equipos e contou coa colaboración da Caixa Rural de Zamora, entidade que colabora de forma activa co deporte base local. Os campionatos organizáronse en torno a dúas categorías, a Maxi e a Mini, e tiveron como obxectivo integrar aos diferentes nenos en equipos multidisciplinares. Ademais, desfrutaron da competición acumulando ata 136 partidos durante todo o torneo.

No caso dos Xogos Olímpicos, Losada & Arte Dixital foi a entidade aliada cos pequenos atletas que se organizaron para escoller diferentes países e representar ós cinco continentes. Os nenos colaboraron para confeccionar os diferentes equipos e os recursos. Entre as probas que realizaron destaca a Mini-Maratón, que foi a última e na que gañou o equipo de Ucraína.

A escola de verán tamén organizou unha festa na que os cativos desfrutaron con colchonetas acuáticas, cunha festa da espuma e co día da "Súper Piscina". As súas actividades rematarán este mércores, un día antes do comezo do curso e no que os nenos terán algunha que outra sorpresa.

Esta XXIII edición incrementou un 27% a participación con respecto ó 2021 e un 14% máis de tempo na matriculación dos rapaces nesta actividade de conciliación. O equipo organizador está "muy satisfecho por los datos tan positivos" que deja la presente edición.

Rosario Rodríguez e Diego Lourenzo, en representación do Concello, entregáronlle os nenos das escolas de verán as medallas por participar.
Rosario Rodríguez e Diego Lourenzo, en representación do Concello, entregáronlle ós nenos das escolas de verán as medallas por participar.

NOTICIAS VERÍN | A escola deportiva de verán premia a todos os seus participantes