viernes. 19.04.2024
A organización da sétima edición do FIC subiu ó escenario do Auditorio de Verín para darlle as grazas a todos os que a fixeron posible. | FOTO: Iván Iglesias.
A organización da sétima edición do FIC subiu ó escenario do Auditorio de Verín para darlle as grazas a todos os que a fixeron posible. | FOTO: Iván Iglesias.

A sétima edición do Festival Internacional de Curtas de Verín chegou á súa fin coa gala de clausura e de entrega de premios. A cerimonia comezou cun vídeo promocional do FIC deste ano, que deu paso a outro no que se puido ver o que houbo detrás da organización e os obxectivos cumplidos neste 2022, onde o humor non faltou.

Depsois dos vídeos, unha actuación musical do dúo "Two in the mirror" deu o comezo esta cita sobre o escenario do Auditorio de Verín. Esther Estévez, verinesa e cara visible do "Dígocho Eu!" da TVG, presentou a gala lucindo un impresionante vestido vermello de Roberto Verino e fixo algunha que outra broma para empezar, onde incluso mencionou ó Diario do Támega, pero tamén recordou o seu pasado como voluntaria no FIC.

 

Diego Lourenzo, tenente de alcalde do Concello de Verín, destacou no seu discurso que o festival "é un orgullo" para a vila. Lourenzo calificouna como unha "illa cultural" no sur de Galicia, “con produtos como este FIC Vía XIV que se consolidan como un referente de creatividade. “A comarca de Verín concentra nos últimos años a maior actividade das industrias culturais do sur de Ourense, por participación, por extensión xeográfica da súa comarca e pola calidade e cantidade dos seus contidos”, recalcou. Ademais, agradeceu todo o traballo da organización que "amosa o seu compromiso con este festival" e recordou que, pese ás dificultades da pandemia, traballaron intensamente para que isto seguise en pé. O seu discurso terminou co berro de "Longa vida ao FIC!".

Trala súa intervención, María Jesús Villar, de Dentalnova, foi a encargada de entregar o premio Nova. Antes de anunciar ó gañador, Villar fixo referencia a un preciado ben como é a agua, que tanto escasea nestes momentos. Finalmente, o premio entregouse ó traballo "The last day of patriarchy", dirixido por Olmo Omerzu, unha coproducción entre a República Checa, Eslovenia e Francia. O director non puido estar presente, pero enviou unha mensaxe de agradecemento.

A mención especial nesta categoría levouna "Caballo de espuma", do español Juan Rueda. Tampouco puido estar presente, pero enviou un vídeo recoñecendo que é a primera vez que un traballo seu se proxectaba en Galicia. Ademais, transmitiu os sus desexos de que o festival "fuese todo un éxito".

A seguinte entrega estivo a cargo de José Antonio Quintas, fundador de Roombo; el foi quen anunciou ó premiado da categoría Horizontes. A gañadora foi a cinta "Vol de nuit", un corto de 26 minutos de orixen belga dirixido por Kenan Görgun. Despois disto, Estévez quixo facer unha mención especial ó cartel deste ano feito polo artista local David Rivada, onde a psicodelia é a raíña.

Posteriormente, Nerea Pérez, da Eurocidade Chaves-Verín, foi a encargada de nomear ó vencedor da categoría A Raia na que se uniron producións de Galicia e Portugal, feito que destacou. O corto gañador foi "O teu nome é", un traballo portugués dirixido por Paulo Patrício.

O premio máis especial, o do Público, foi entregado por Jorge Godás, director de Creatividade Multimedia do FIC. Godás destacou "a vontade" de loitar polo oficio dende Verín no festival e en querer dar oportunidades ó talento de moitas persoas no municipio e na comarca, pondo como exemplo a Roberto Verino. "Rompente", de Eloy Domínguez, foi a mellor valorada polos espectadores do FIC. "É o máis fermoso e relevante que hai, porque o que facemos é para o público", destacou o director nun vídeo gravado dende o aeroporto, onde ía coller un vóo cara Cuba

 

Por último, Carlos Montero, director do FIC agradeceu a todos os presentes que participasen nesta sétima edición, consolidando o festival na axenda cultural con máis dun lustro de apoio ó talento local mentres traballan para ser un motor económico da vila. Nesta ocasión, Montero puxo en valor que se crearon 60 postos de emprego, principalmente locais e cualificados, relacionados co sector audiovisual.

 

Na súa intervención, Montero sinalou o gran apoio das empresas privadas que cada vez se interesan máis por colaborar no FIC e xa supoñen o 35% do seu financiamento. Neste caso, mencionou a empresa local Roombo, que permitiu a creación dunha programación de actividades paralelas onde se mesturou cultura, música e gastronomía para facer do festival un "gran colector cultural" e achegándoo a máis tipos de público.

Despois de sete anos de cine e moita cultura, Montero valorou que xa "xogamos nunha liga adulta e adultos tamén se fixeron moitos dos mozos que comenzaron o seu camiño profesional como voluntarios neste festival. Moitos deles hoxe convertidos xa en referentes do noso audiovisual. O FIC crea canteira e estamos moi orgullosos disto", asegurou. Por esta razón escolleron a Esther Estévez como presentadora da gala e lle rendiron unha pequena homenaxe ao son da gaita e o tambor para entregarlle unha figura conmemorativa. Montero rematou a súa intervención, emulando as verbas de Lourenzo co berro de "Longa vida ó FIC!".

Esther Estévez, quen conduciu a gala, recibiu una agasallo da organización do FIC. | FOTO: Iván Iglesias.
Esther Estévez recibiu un premio pola súa traxectoria profesional, que comezou no FIC. | FOTO: Iván Iglesias.

 

Para rematar esta sétima edición, os membros da organización do FIC subiron ó escenario e, aplaudindo, déronlle as grazas a todos os que fixeron posible isto ao son da música de "Two in the mirror".

NOTICIAS VERÍN | "Longa vida ó FIC!" na fin dunha sétima edición chea de cultura