viernes. 19.04.2024
Manolo  Torrente (esquerda) estivo onte no FIC para falar do seu documental "Mauthausen, regreso ao campo da morte".
Manolo Torrente (esquerda) estivo onte no FIC para falar do seu documental "Mauthausen, regreso ao campo da morte".

A penúltima xornada do Festival Internacional de Curtas de Verín lembrou o horror do Holocausto coa proxección do documental "Mauthausen, regreso ao campo da morte"O seu director e guionista, o xornalista e historiador galego Manolo Torrente, estivo onte presente no festival para falar do que foi facer este traballo de 25 minutos hai máis de tres décadas.

O documental conta a historia de dous galegos que conseguiron saír con vida do horror daquel campo de concentración. Eles eran Enrique Doval, natural de Lugo; e Xaquín Balboa, procedente de Esteviños, unha localidade próxima a Verín. Torrente falou co público que estivo presente do Auditorio de todo o relacionado co filme e asegurou que a exhibiación deste traballo no FIC "é un recoñecemento a unha peza que sempre supuxo un orgullo para min tanto no eido persoal coma profesional".

Hoxe o festival rematará coa súa gala de clausura e a entrega de premios, que terá lugar ás 20:00 horas no Auditorio de Verín e contará con Esther Estévez como presentadora. Pero antes de todo isto, onte tamén se puido desfrutar de diferentes actividades na Zona Roombo, onde as súa programación xa rematou nesta séptima edición.

Antes da proxección do documental de Torrente, na Zona Roombo houbo unha concentración de Vespas, Lambretas e motos clásicas que estivo amenizada cunha sesión vermú a cargo da Banda de Garda. E non foi a única actuación do día, pola noite foi o turno de En Mala Hora e de Jesus The Snake, quenes pecharon a Zona Roombo por este ano despois de varios días de intensa actividade musical, gastronómica e cultural.

NOTICIAS VERÍN | O FIC fai unha viaxe pola memoria histórica do Holocausto