jueves. 25.04.2024
Cartel da 10ª concentración de vespas, lambrettas e motos clásicas de Verín.
Cartel da 10ª concentración de Vespas, Lambrettas e motos clásicas de Verín.

A 10ª edición da concentración de Vespas, Lambrettas e motos clásicas de Verín regresa este domingo, despois dun parón desde o 2019 pola pandemia. O Club Vespa Verín, en colaboración co Concello, é o encargado de organizar un ano máis esta cita para os amantes dos clásicos de dúas rodas.

A concentración contará cunha ruta que partirá ás 11:00 horas da Praza García Barbón para facer un percorrido turístico polos balnearios e puntos de interese da zona. Durante o itinerario, os participantes terán un pincho e unha consumición a disposición deles en cada parada.

Ás 14:00 horas, seguindo co programa, os participantes terán unha comida conxunta nun restaurante da vila. Nesta parte do encontro haberá sorteos e entregaranse premios entre os asistentes.

 

O prezo da inscrición son 25 euros e hai dous métodos de pago para facelo. Os que se queiras anotar previamente ó evento poden facelo ata mañá ingresando o diñeiro na conta ES 48 2080 5168 1630 4001 9559 de Abanca. A segunda opción é o propio día da concentración a partir das 9:30 horas. Para máis información pódese contactar no número de teléfono 669 894 046.

NOTICIAS VERÍN | Vespas, Lambrettas e motos clásicas cítanse este domingo en Verín