jueves. 18.04.2024
Última edición de la Feira do Viño celebrada en 2019.
Última edición de la Feira do Viño celebrada en 2019.

A Praza da Alameda de Verín volverá ser testigo dunha nova edición da Feira do Viño de Monterrei. Tras dous anos se celebrarse, por culpa da pandemia, esta tarde abrirá de novo o seu recinto para que os asistentes coñezan os viños da D.O"Este é o segundo evento máis importante que ten a comarca, despois do Entroido, e nós vemos moi gratificante volver ao que coñecemos como un día máxico", destaca Lara Da Silva, presidenta do Consello Regulador da D.O. Monterrei.

A inauguración e o pregón desta 15ª edición terá lugar ás 20:30 horas, pero unha hora antes, ás 19:30 horas, os postos de venta de tíckets para as degustacións xa estarán abertos, facendo máis sinxela a organización unha que vez que a feira esté aberta ó público. "Agardamos que non haxa incidentes, que a xente desfrute e se reencontre", apunta Da Silva.

Esta cita vitivinícola e gastronómica conta cun "récord histórico" de adegas participantes, coa presenza de 18 das 28 que forman parte da D.O. "Estamos moi contentos porque isto demostra o apoio que temos do sector no proxecto Monterrei, que é para o que traballamos todos desde o Consello Regulador", sinala a presidenta. Os postos das adegas serán máis, ao igual que os gastronómicos. Estes terán a maior representación de todas as edicións. "Temos unhas expectativas moi altas e esperamos cumplilas", engade Da silva.

O desexo que teñen desde o D.O. é que a xente asista a este "punto de reencontro, onde a xente poida abrir unha botella de viño de Monterrei coas persoas que queren. Invitámolos a todos a desfrutar das nosas adegas e da compañía, que creo que é o máis importante", recalca Da Silva. Para logralo teñen unha programación moi variada e tamén instalaron mesas en zonas de descanso e tranqulidade para os asistentes, que así terán a oportunidade de vivir máis íntimamente esta experiencia en familia ou con amigos.

Unha das novidades deste ano é que a Confraría dos Viños de Monterrei non forma parte da feira. "Non nos parece axeitado porque a xente ten desexos de estar reunida", asegura Da Silva. Desde a perspectiva da D.O., consideran que este evento ten "entidade propia" para poder levarse a cabo á marxe da feira.

PROGRAMACIÓN DA FEIRA DO VIÑO

Venres 12 de agosto

  • 20:30 horas: Apertura do recinto coa súa inauguración e pregón na Praza da Alameda. A Banda de Gaitas do Concello de Verín amenizará o acto. O peche do recinto será ás 23:30 horas.
  • 21:00 horas: Pasarrúas a cargo da Charanga Támega.
  • 23:00 horas: Verbena coa orquesta Arizona na praza García Barbón.
  • 00:30 horas:  Actuación del cantante, bailador o coreógrafo Xisco Feijóo na Preguiza.

 

Sábado 13 de agosto

  • 11:30 horas: Presentación da obra “A marabillosa historia do viño en Galicia” do xornalista Luis Congil na igrexa de Santa María a Maior.
  • 12:30 horas: Apertura do recinto feiral ata as 14:00 horas na Praza da Alameda.
  • 20:30 horas: Reabren os postos da feira na Praza da Alameda ata as 01:00 horas.
  • 22:30 horas: Actuación da orquesta Claxxon na praza García Barbón. Primeiro pase de 22:30 a 23:30 horas e o segundo de 01:30 a 03:30 horas.
  • 23:30 horas: Concerto de Ruth Lorenzo, coñecida cantante que representou a España no festival de Eurovisión en 2014, que actuará ante o público na Preguiza.

 

Domingo 14 de agosto

  • 12:30 horas: Apertura do recinto feiral ata as 14:00 horas.
  • 19:30 horas: Última apertura da feira na 15ª edición ata as 23:30 horas.
  • 23:30 horas: Actuación na Preguiza de Dos pájaros y un trío, grupo de doce músicos e cantantes que rinden tributo a Joan Manuel Serrat e a Joaquín Sabina.

NOTICIAS VERÍN | A Feira do Viño quere ser un "punto de reencontro" trala pandemia