Venres. 29.03.2024
Unidade de resonancia magnética móbil do Sergas.
Unidade de resonancia magnética móbil do Sergas.

A Xunta a adxudicou esta semana á empresa General Electric Healthcare España a renovación dunha das súas tres resonancias móbiles, a última que quedaba. Esta nova ferramenta de diagnóstico ten un importe de 891.680 euros e dará servizo tanto ó hospital de Verín como ó de Valdeorras.

Estas resonancias móbiles evitan que os pacientes se teñan que desprazar ata centros hospitalarios que estén máis lexos do seu de referencia. Deste xeito, garántese a igualdade na asistencia das personas. Na área sanitaria ourensana fixéronse 4.158 estudos con este tipo de equipamento, dos cales 2.340 foron en Verín e 1.818 se fixeron en Valdeorras. No que vai de 2022, xa se practicaron 1.488 estudos radiolóxicos en Verín e 1.464 en Valdeorras.

Os novos equipos, de última xeración, supoñen tamén unha maior flexibilidade e comodidade para os pacientes. Incorporan vantaxes en aspectos de confort para o paciente, con dúas cabinas vestiario, maior amplitude do habitáculo onde se adquiren as fan as probas e un diámetro de imaxe de 70 cms, 10 máis que o anterior.

 

A nivel tecnolóxico, estas unidades móbiles levan instalados equipos de resonancia magnética de alto campo, dos máis avanzados que existen actualmente en Galicia. Teñen capacidade para realizar todas as exploracións posibles, desde as máis sinxelas ata as de maior complexidade, coa máxima calidade diagnóstica.

Outras melloras que se achegan no novo equipo móbil son unha resonancia de campo alto, incluíndo os últimos avances nesta especialidade diagnóstica. Permite adquirir imaxes sen desprazar aos pacientes grazas á telerradioloxía. Xunto ao anterior, mellóranse os tempos e a calidade dos informes, evítase a repetición de probas ao estar accesibles para consulta polos clínicos no seu propio centro de traballo e posibilítase a colaboración e formación en rede dos radiólogos implicados.

Esta nova adxudicación amosa a aposta por mellorar os equipamentos dos hospitais comarcais, que no 2023 tamén disporán de novos TAC. Tamén recibiron outros materiais como os equipos radioquirúrxicos e prevese que tamén cheguen novos ecógrafos e a se renoven as lámpadas cirúrxicas dos quirófanos.

NOTICIAS VERÍN | O Hospital de Verín contará cunha nova resonancia magnética móbil