viernes. 19.04.2024
Xosé Ángel Rodicio, Carlos Montero e Santos Álvarez, na presentación do concurso "escaparates de película".
Xosé Ángel Rodicio, Carlos Montero e Santos Álvarez, na presentación do concurso "escaparates de película".

A Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín (Aever) apoiará ó FIC Vía XIV coa posta en marcha dunha acción promocional do festival en diversos establecementos da vila. Ao igual que noutras edicións, os comerciantes verinenses que o desexen engalanarán as súas tendas con motivos relacionados co cine, no marco dunha iniciativa promovida por Aever en colaboración co FIC, o concurso "Escaparates de película".

Os tres mellores escaparates serán premiados con 150, 75 e 50 euros respectivamente e será no transcurso do festival, en concreto o 4 de setembro, cando se coñezan os gañadores. Os premios non se poderán acumular a un mesmo comercio. Os participantes deberán ter os escaparates preparados para a ocasión entre o 22 de agosto e o 4 de setembro.

Os negocios interesados en participar no certamen teñen ata o 16 de agosto ás 14:30 horas para anotarse na sede de Aever. Unha ve inscritos, entregaráselle un distintivo de participación que deberán lucir nos seus escaparates. A única condición que se impón é que os negocios estén emprazados en Verín. O xurado estará formado por un membro do Concello e dous do equipo do FIC Vía XIV 2022, que serán designados polo organismo local.

Ademais, a organización do festival distribuirá este ano unha serie de bonos de descontos entre os establecementos adheridos a Aever, que poderán canxear por entradas para as proxeccións das sesións oficiais ou das actividades paralelas.

Carlos Montero, director do FIC, agradeceu a implicación do comercio local co festival e destaca que os comerciantes e empresarios de Verín “siempre están ahí respaldando la iniciativa y un año más vamos a contar con su apoyo para difundir y comunicar nuestro certamen entre la población”.

NOTICIAS VERÍN | O FIC e AEVER repiten o concurso de "escaparates de película"