
A noite do 19 de agosto volverá saír a III andaina nocturna que organiza o Concello de Verín organiza, en colaboración coa Asociación de Sendeirismo Ruta das Augas. O concelleiro de Transporte, Feiras e Hostalaría, Manuel Lorenzo; e a responsable da asociación de sendeirismo, Amaya Álvarez, presentaron esta iniciativa que terá un percorrido circular e unha dificultade baixa.
Os participantes arrancarán da Praza García Barbón ás 21:30 horas e completarán unha ruta de 9 quilómetros. A andaina ten un prezo de 5 euros e, pola seguridade dos camiñantes, será obrigatorio levar un chaleco reflectante e unha lanterna.
Todos os participantes terán como agasallo unha camiseta de recordo ademais das provisións de avituallamento (auga e foita), así com os servizos necesarios durante o camiño. Todas as persoas interesadas en participar poderanse inscribir ata o 16 de agosto no local de Multisport Verín ou no teléfono 600 410 018 por vía WhatsApp.