viernes. 26.04.2024
Droga incautada na detención.
Droga incautada na detención.

A Garda Civil do Posto Principal de Verín levou a cabo na tarde do sábado a detención de R.S.C.O., home de 35 anos e veciño de Ourense, como presunto autor dun delito de tráfico de drogas. Esta detención realizouse grazas ó traballo previo dos axentes, no que puideron constatar que o detido posiblemente subministraba sustancias estupefacientes na vila.

O dispositivo da Garda Civil centoruse nunha das céntricas rúas de Verín e na tarde do sábado localizaron ó sospeitoso e, cando procederon á súa identificación, o home fuxiu introducíndose nun dos portais. Na fuxida, o home desfíxose dunha pequena bolsa que contiña 60 gramos de cocaína.

Finalmente, os axentes lograron detelo e trasladárono ás dependencia  da Garda Civil en Verín. Tanto o detido, como a droga incautada e as dilixencias instruídas puxéronse a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Verín.

O detido foi posto en liberdade, advertido da obrigación de comparecer ante a autoridade xudicial cando sexa requerido.

NOTICIAS VERÍN | Deteñen a un veciño de Ourense por vender droga en Verín