jueves. 25.04.2024
A concelleira Emilia Somoza posa co cartel da Batucada de Verín 2022.
A concelleira Emilia Somoza posa co cartel da Batucada de Verín 2022.

O Concello de Verín recupera unha das citas tradicionais da vila. A Batucada celebrarase de novo mañá e o sábado, segundo confirmou Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos. As rúas encheranse de música, auga e diversión para todas as idades.

O evento colaborará unha vez máis cos negocios de hostalaría para evitar o conflictivo uso dos vasos de cristal e así evitar altercados. "Ofrecemos aos establecementos a oportunidade de instalar barras na rúa para que poidan servir bebidas en vasos de plástico", explicou Somoza. Ademais, desde esta semana xa se poden mercar nos bares da Praza García Barbón as camisetas (15 euros), as fundas impermeables (3 euros) e as mochilas (5 euros) oficiais da Batucada.

Desde o Concello tamén apelan a un uso responsable da auga, especialmente nestes momento de contexto de seca e cunha importante incidencia de lumes na comarca. "Sabemos que a auga é ou espírito principal desta festa, por iso manteremos un mínimo de litros para que os asistentes podan gozar desta popular celebración; sempre priorizando o noso compromiso co medio ambiente", sinalou a concelleira.

PROGRAMACIÓN DA BATUCADA 2022

VENRES 29 DE XULLO:

  • 11:00 horas: "Desfile da ludoteca especial Batucada" cun percorrido circular desde o CEIP Amaro Refojo por Laureano Peláez, Praza do Concello, Praza da Mercé, Rúa da Cruz e Praza García Barbón. A temática deste ano é McDonald's e ó remate do desfile, haberá a "Festa infantil da ludoteca" no Amaro Refojo.
  • De 16:30 a 19:30 horas: "Festa infantil na Praia Fluvial" con inchables de terra e auga e animación musical. O acceso é gratuito.
  • De 23:30 a 3:00 horas: Animación musical na Praza García Barbón con Enjoy Eventos e posteriormente coa actuación de Skalopendras.

 

SÁBADO 30 DE XULLO:

  • De 17:00 A 19:00: "Festa da escuma e da auga" na Praza García Barbón. Estará acompañada da animación musical de A Gramola e do artista internacional Groove Amigos, dj que está revolucionando a industria da cultura mainstream en España.
  • 19:00 horas: "Desfile pasa-rúas da Batucada" que comezará na Praza Maior seguindo pola rúa da Cruz, Praza da Mercé, avenida Luís Espada, avenida de Portugal, rúa Montemaior Laureano Peláez, Irmáns Moreno e rematando no Pavillón dos Deportes de Verín. As batucadas que estarán presentes son Somdolilá (Santiago) e Queimatasas (Poio).
  • De 23:30 a 3:30 horas: A Praza García Barbón contará coa animación de A Gramola para dar á actuación da banda viguesa Maldito Murphy á unha da madrugada, cando presentarán o seu último traballo "Horizontes" no que colaborou Mikel Erentxun. Ao seu remate, A Gramola encargarase de pechar a festa.

 

NOTICIAS VERÍN | A Batucada de Verín volve cargada de diversión para todas as idades