jueves. 25.04.2024
Santos Álvarez, José Ángel Rodicio e Rosario Rodríguez, na presentación de "Móllate polo comercio".
Santos Álvarez, José Ángel Rodicio e Rosario Rodríguez, na presentación de "Móllate polo comercio".

A Asociación de Empresarios e Empresarias de Verín (Aever), en colaboración co Concello de Verín, organiza a campaña "Móllate polo comercio" que terá lugar o este venres nas rúas da vila entre as 17:30 e 21:30 horas. Tobogáns de auga para todas as idades xunto a unha festa holi, chea de cor, e da espuma, servirán para incentivar as compras de verán no comercio local.

José Ángel Rodicio, xerente de Aever, encargouse de presentar esta iniciativa hai unhas semanas acompañado de Santos Álvarez, presidente da asociación; e de Rosario Rodríguez, concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior. A través de "Móllate polo comercio" queren mobilizar ao público para compren nos seus establecementos, facilitar a conciliación familiar e tamén captar a adultos xóvenes a través destas actividades e conciencialos sobre importancia de mercar no comercio de proximidade.

Para poder participar precísase dun boleto que se conseguirá entregando 10 tickets de compra nos establecementos asociados e 2 euros a maiores. A entrada para todo o día canxearase na carpa do Centro Comercial Urbano de Aever que se instalará na Praza Maior unha hora antes do comezo das actividades.

ACTIVIDADES:

  • TOBOGÁNS DE AGUA:
    • Zona Extrem contará cun tobogán de 14 metros de altura, 40 de longo e 10 de ancho, apto para xóvenes e adultos. Estará ubicado na Praza Maior.
    • Zona Media cun tobogán deslizante de 7 metros de altura, 24 de longo e 7 de ancho destinado para xóvenes. Instalarase na Praza do Concello.
    • Zona Peques na que haberá dous tobogáns, un de 4,5 metros de alto e outro máis pequeno con 10 metros de longo. Este espazo situarase na Praza da Merced para o desfrute dos máis cativos.

 

  • FESTA DE POLVO HOLI E ESPUMA
    • Esta actividade contará con catro horarios diferentes por tramos de idade e disporá de música e animación na Praza Maior. Horarios:
      • De 17:30 a 18:30 horas para cativos de 3 a 10 anos.
      • De 18:30 a 19:30 horas para xóvenes de 11 ou máis anos.
      • De 19:30 a 20:30 será de novo o turno de cativos entre 3 e 10 anos.
      • De 20:30 a 21:30 horas finalizarase con xóvenes e adultos.

 

NOTICIAS VERÍN | O comercio local verinés "móllase" para incentivar as vendas