martes. 15.10.2024
Nenos de Verín nunha das anteriores visitas ó Naturewaterpark de Vila Real.
Nenos de Verín nunha das anteriores visitas ó Naturewaterpark de Vila Real.

Un total de 46 nenos verinenses que participan na ludoteca e no campamento urbano que organiza o Concello marchan mañá de excursión. Os cativos visitarán o Naturwaterpark de Vila Real, o primeiro totalmente ecolóxico de Portugal, onde seguro que non faltará a diversión.

O complexo conta con gran variedade de actividades, diversas piscinas con tobogáns, unha piscina con jacuzzi e chorros, un campo de fútbol-praia, unha granxa doméstica, paintbal e un parque de aventuras. Neste último, os cativos poderán facer escalada, montar nunha tirolina, brincar nas camas elásticas ou xogar ó minigolf, entre outras cousas.

Esta xornada complementa o programa da ludoteca e do campamento urbano que ofrece o Concello de Verín para axudar coa conciliación familiar durante as vacacións de verán.

Os nenos estarán acompañados por catro monitores. Os que participan na ludoteca teñen entre 3 e 10 anos, mentres que os do campamento son de 11 a 14. As dúas actividades de conciliación están organizadas pola Oficina Municipal de Información Xuvenil, da área de Mocidade do Concello de Verín.

NOTICIAS VERÍN | Os nenos de Verín visitarán o parque acuático de Vila Real