jueves. 25.04.2024
Mapa de aparcadoiros e accesos para a noite das actuacións de Panorama e París de Noia. | FOTO: Portección Civil Verín.
Mapa de aparcadoiros e accesos para a noite das actuacións de Panorama e París de Noia. | FOTO: Protección Civil Verín.

O vindeiro mércores, Vilamaior acollerá o encontro de dúas das orquestras máis importantes de Galicia. A Panorama e a París de Noia actuarán ao carón do Santuario dos Remedios a partir das 22:00 horas. Para garantir a seguridade do evento, o Concello de Verín porá en marcha un dispositivo que conta coa colaboración de Protección Civil para facilitar os accesos.

A zona dos concertos estará acotada e só se poderá chegar andando uns metros desde os dous aparcadoiros que estarán habilitados. A estes entrarase a través da estrada OU-114 que comunica Verín con Campobecerros. O camiño que procede de Queirugás só permitirá a circulación nun único sentido e permitirase a incorporación á OU-114 pola estrada dos viñedos.

Ao carón do recinto preparado para os concertos, próximo ao santuario, contarase cunha parada de taxi para os asistentes. Na contorna de Os Remedios estará prohibido deixar o coche.

Amplo plan de seguridade para recibir á Panorama e á París de Noia en Vilamaior