jueves. 18.04.2024
211129-LUDONADAL_WEB
O Ludonadal abranguerá do vindeiro 22 de decembro ao 7 de xaneiro.

O vindeiro mércores 1 de decembro ábrese o prazo de inscrición para o servizo de ludoteca 'Ludonadal', actividade organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín e orientada a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos. O obxectivo desta iniciativa é facilitar a conciliación dos pais e nais e proporcionar aos menores un espazo de lecer durante as vacacións de Nadal, sempre baixo estritas medidas de seguridade contra a Covid-19.

O ‘Ludonadal’ levarase a cabo no Pavillón de Deportes dende o día 22 de decembro ata o 7 de xaneiro; de luns a venres, de mañá e tarde -de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h-. O prezo por utilizar este servizo completo (durante todos os días e horas) é de 50 euros. No caso de acudir parcialmente, o prezo do servizo será de 30 euros. Para días soltos, terá un custo de 10 euros (día completo) ou de 5 euros (medio día)

As actividades

A ludoteca de Nadal ofrecerá moitas e variadas actividades de lecer. Entre elas, non poderían faltar os obradoiros de decoración e de fabricación de instrumentos natalicios, elaboración de agasallos para o amigo invisible ou xogos de mesa tradicionais. Tamén, outras adaptadas ás datas importantes da época, como a celebración do día dos Santos Inocentes, festas prenoitevella e cotillón de noitevella ou a xincana de San Silvestre. Para máis información deben dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada na Casa da Xuventude, ou ao teléfono 988 414 776.

NOTICIAS VERÍN | O Concello abre o prazo de inscricións para a ludoteca de Nadal este...