
Os municipios de Verín e A Gudiña, xunto con outros sete puntos da provincia de Ourense, recibirán, nos vindeiros días, un curso sobre aspectos prácticos da normativa agroforestal, co obxectivo de achegar á poboación do medio rural nocións en materia de montes e prevención de incendios forestais, centrándose nos procedementos máis habituais que a maioría dos habitantes de aldeas necesitarán en momentos concretos.
Entre os temas a tratar na formación, orientada a persoas vinculadas profesionalmente co sector ou con expectativas de incorporación, salientan obrigas da xestión da biomasa, usos do lume e permisos de queima, actividades en terreos queimados, aproveitamento da madeira resultante, repoboación forestal ou cambio de actividade neses terreos.
Horarios
- A Gudiña: Venres 12 de novembro, de 16:30 a 20:30h, na Casa da Viúva.
- Verín: Mércores 17 de novembro, de 17:30 a 21:30h, na Casa da Cultura.
Para acudir, será necesario facer inscrición previa a través dos correos electrónicos [email protected] ou [email protected], facendo constar na solicitude -adxunta a esta información- a localidade onde se desexa recibir a formación. Máis información nos teléfonos 988 386 706 e 616 480 069.