lunes. 20.07.2026
Ata o vindeiro 12 de novembro

NOTICIAS VERÍN | Abre o prazo de inscrición para os interesados en expoñer na Feira de Nadal 2021

Un dos postos da Feira de Nadal de Verín no 2019.
Un dos postos da Feira de Nadal de Verín no 2019.

O Concello de Verín vén de anunciar que entre os vindeiros 4 e 8 de decembro terá lugar a Feira de Nadal 2021 na praza García Barbón. Todos os interesados en dispoñer dun stand comercial na Feira de Nadal deste ano poden facer xa a súa inscrición -ata o vindeiro 12 de novembro- especificando as súas ideas sobre a decoración do mesmo e sobre o produto a ofertar. 

 

A inscrición quedará formalizada tralo pagamento dunha cota de participación de 75 euros -en efectivo no Concello ou por transferencia bancaria á conta ES11-2080-3567-6230-4000-1312 (ABANCA) e despois de ser entregado o xustificante bancario -xunto coa folla de inscrición- no Rexistro da casa consistorial, a través da Sede Electrónica, ou por correo electrónico aos enderezos asierraa@gmail.com e adl@verin.gal. Para máis información contacten ao teléfono 670 929 035 ou ao 988 410 000.

Condicións de participación

O Concello inclúe uha listaxe de condicións de participación de obrigado cumprimento para os expositores. Entre elas, o respecto á temática natalicia, polo que quedarán excluídas as inscricións que non cumpran con este requerimento. Por mor da limitación do espazo, a asignación de cada posto realizarase por orde de entrada e temática. Dende o consistorio advirten da importancia dunha pronta inscrición e pagamento.

Por outra parte, será obriga dos participantes facerse co mobiliario e demais artiluxios precisos para expoñer os seus produtos así como manter limpo e ordenado o stand e respectar as normas de circulación e estacionamento á hora de repoñer mercancía. O acordo tamén inclúe o compromiso do comerciante a participar na totalidade dos días da feira e no horario completo de apertura -de 12:00h a 22:00h-.

Ao tratarse da festividade de Nadal, a organización permitirá degustacións de produtos típicos desta época do ano.


 

NOTICIAS VERÍN | Abre o prazo de inscrición para os interesados en expoñer na Feira de...