sábado. 27.04.2024
Transporte de animais vivos.
Transporte de animais vivos.

A Consellería de Medio Rural, a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, vén de anunciar a impartición dun curso formativo sobre benestar animal no transporte en Verín. Unha acción dirixida a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, gandaría, industria alimentaria e o sector industrial, ou que teñan previsto adicarse a eles, como poden ser mozos e mozas do rural galego.

O taller, impartido pola Oficina Agraria Comarcal, terá lugar a vindeira semana, do 8 ao 12 de novembro, cunha duración total de 20 horas lectivas, en horario de tarde -de 17:30h a 21:30h- no Centro de Desenvolvemento Cooperativo

Todos os veciños interesados recibirán formación sobre lexislación, aptitudes para o transporte e características de vehículos, así como sobre documentación necesaria para transporte de animais vivos. Será necesario anotarse previamente, coa solicitude de praza debidamente cuberta e enviada ao enderezo [email protected].

NOTICIAS VERÍN | Veciños de Verín formaranse en transporte de animais vivos