viernes. 19.04.2024
A xunta directiva de Monteval celebrada onte a última hora da tarde.
A xunta directiva de Monteval celebrada onte a última hora da tarde.

A última hora da tarde de onte celebrouse unha nova xunta directiva da Asociación Monteval GDR-9 na que se aprobou a proposta de resolución da concesión de axudas correspondentes ao programa Leader 2021/2022.

A reunión, na que participaron 21 membros -11 pertencentes ao sector privado e os dez alcaldes do territorio do GDR- estivo presidida pola xerente de Monteval, Ana Pardo, e José Luís Suárez, presidente da asociación. En total, repartíronse os case 550.000 euros que achegan os Leader entre once dos proxectos que concorreron á convocatoria -dous produtivos, dous non produtivos e sete de concellos-.

A achega máxima, de 200.000 euros, estará destinada ao proxecto da empresa A Pousada de Monterrei S.L., a través do cal se rehabilitarán catro vivendas ao carón do Castelo de Monterrei destinadas a turismo rural e co que se crearán tres novos postos de traballo. Seguidamente, 185.000€ -pendentes outros 15.000 dunha posible futura adxudicación- serán destinados a José Manuel Barrio, da residencia MonteBarrio, cos que consolidará 18 postos de traballo xa existentes e cinco de nova creación destinados a mulleres.

En canto aos non produtivos, a comunidade de montes Serra de Meda de Vences levará a cabo un lavado de cara coa construción dunha senda peonil, a rehabilitación de casetas e a creación de dous miradoiros, proxecto valorado en 134.000 euros, dos cales un 80% estará cuberto polos fondos Leader. 

Por último, aprobouse a adxudicación de 60.000 euros destinada aos proxectos de sete concellos, entre os que destacan a recuperación da Ruta dos Muiños en Santa María das Mercedes, Cualedro, que recibirá unha achega de 11.300 euros, a cantidade máis elevada.

NOTICIAS VERÍN | Once proxectos da comarca reciben o máis de medio millón de euros dos...