
Os vindeiros 1 e 2 de outubro, a Biblioteca Municipal de Verín organiza as que serán as súas IV Xornadas de Novela Histórica. Baixo o título “Mulleres na Historia”, contará con escritoras nacionais de primeiro nivel, como Luz Gabás, autora da aclamada novela “Palmeras en la nieve” ou María Solar, xornalista e coordinadora dos programas culturais da CRTVG e autora -entre outras- da novela “Os nenos da varíola”.
Tamén Rosario Raro, que realizará un seminario para o alumnado dos centros de Verín sobre a muller na historia e da escritura de novela e impartirá unha conferencia sobre as mulleres nas súas novelas; Eva Díaz Pérez, directora do Centro Andaluz das Letras e autora de numerosas novelas históricas, que disertará sobre como escribir novelas históricas dende a perspectiva feminina e María Vila, que impartirá a conferencia sobre “Mulleres piratas no século XVI”.
As xornadas estarán coordinadas por José Luís Corral e José Calvo Poyato, autores de multitude de novelas históricas e considerados dos máis grandes no xénero. Así mesmo contarán co acompañamento musical de Lourdes Olbés, violinista galega de primeiro nivel.
Máis información sobre estas xornadas na páxina web da Biblioteca.