miércoles. 24.04.2024
si
Operarios traballando nas melloras de abastecemento.

O Concello de Verín está a levar a cabo unha serie de melloras na rede de abastecemento orientadas ao benestar de toda a veciñanza dos núcleos rurais. Estas actuacións están sendo complementadas coa instalación de novas infraestruturas que melloren o servizo de auga potable

Unha acción moi necesaria xa que, tal e como explicou o alcalde, Gerardo Seoane, "nalgunhas destas parroquias autoabastecíanse a través de pozos privados ou directamente do río, tendo frecuentes dificultades para garantir unha cantidade e calidade de auga suficientes".

Por iso, a idea é garantir este servizo básico en tódalas parroquias "sexa ou non a súa rede de abastecemento de titularidade municipal, adiantándonos a unha posible seca ao longo da época estival", engade o rexedor.

Tódalas actuacións foron levadas a cabo atendendo ás necesidades específicas de cada núcleo. En Mourazos, foron construídos dous novos pozos subterráneos con abastecemento eléctrico e sistema de bombeo. No seu veciño Tamaguelos, repetiuse o mesmo procedemento, neste caso, coa construción dun único pozo. 

Pola súa banda. na localidade de Feces de Cima foi necesaria a instalación dun novo depósito de auga e o seu conduto; mentres que na Rasela, debido a problemas de subministración co antigo depósito, foi realizada a conexión á rede de abastecemento de Verín, que xestiona a empresa Espina e Delfín.

NOTICIAS VERÍN | O Concello de Verín acomete actuacións para garantir auga potable no...