martes. 23.04.2024
PHOTO-2021-06-07-15-04-45_1
Operarios acondicionando o lugar do sinistro. | FOTO: M. Ceballos
Arredor das 21:00h finalizaron as tarefas de remolque do vehículo articulado que, no mediodía de hoxe, chocaba contra o camión de conservación da A-52, á altura do concello de Riós (quilómetro 146,5). Tamén se procedeu ao trasvase da carga que era, fundamentalmente, botes de pintura que se derramaron na vía. Ese vertido provocou no asfalto unha película deslizante moi perigosa para a circulación, polo que se mantén cortado o carril dereito en sentido decrecente -dirección Benavente- ata que se dean as condicións óptimas para a súa reapertura. Ata o lugar do suceso tamén se desprazaron unidades dos bombeiros do parque de Verín, que intentaron limpar a pintura con auga a presión, aínda que sen éxito. Por este motivo, estase avaliando a posibilidade de levar a cabo un fresado superficial e o seu posterior asfaltado.

NOTICIAS VERÍN | Continúa pechado o carril da A-52 afectado pola colisión entre dous...