
A Xunta de Galicia vén de informar que a partires do próximo sábado día 29 quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares. Así mesmo, a medida vai afectar tamén a todos aqueles cidadáns que dispoñan de permisos previamente concedidos.
A razón desta prohibición, que entrará en vigor ata novo aviso, responde ás elevadas temperaturas que se agardan e por tanto, que incrementan o risco de incendios. Segundo a normativa vixente que regula a prevención de incendios forestais, "as queimas están prohibidas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control".
Por iso, a Consellería de Medio Rural pide a colaboración cidadá para extremar as precacucións e denunciar calquera indicio que poida ter como consecuencia un incendio forestal. O teléfono gratuíto habilitado para estes efectos é o 085.