domingo. 19.07.2026
Será este martes, ás 10:30 horas, nas aulas da Mancomunidade

NOTICIAS VERÍN | Xornada para empresas interesadas en implantar un novo distintivo de calidade turística

Túnel do viño de Monterrei ubicado no Museo de Verín.
Túnel do viño de Monterrei ubicado no Museo de Verín.

Este martes 5 de xullo, ás 10:30 horas, terá lugar en Verín a primeira xornada informativa sobre a implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) de Ourense Termal, conformado polos 15 municipios termais rurais da provincia, que nace co obxectivo de adherir empresas e servizos turísticos da contorna da comarca Verín - Monterrei que forman parte do Plan de Sustentabilidade Turística en Ourense Termal. Este execútase co cofinanciamento da Xunta de Galicia, a Secretaría de Estado de Turismo e o propio goberno provincial.

O obxectivo desta actuación é implantar unha metodoloxía desenvolvida pola Secretaría de Estado de Turismo do Goberno de España para os servizos turísticos públicos e privados, que contribúe a través de boas prácticas a mellorar a satisfacción do cliente en particular e o posicionamento do destino en xeral.

A finalidade das sesións informativas é captar empresas e servizos turísticos que se adhiran ao Sistema, e que pasan a ser beneficiarias dun proceso de formación, asesoría e avaliación para chegar á certificación e obtención do distintivo de "Compromiso de Calidade Turística".

Todo o proceso farase con cargo ao Plan Ourense Termal e por tanto gratuíto para as empresas e outros servizos turísticos, sendo ata 36 tipos os que poden ser beneficiarios (aloxamentos, restauración, visitas guiadas, museos, oficinas de turismo ou transporte).

NOTICIAS VERÍN | Xornada para empresas interesadas en implantar un novo distintivo de...