viernes. 19.04.2024
Cartel do doble concerto deste domingo no parque da Preguiza.
Cartel do doble concerto deste domingo no parque da Preguiza.

O compositor e cantante Xoel López, que xa suma 20 anos de traxectoria musical, pisará Verín este domingo 3 de xullo, cun concerto no que se poderá escoitar un repertorio de éxitos de álbums como Paramales ou Sueños y pan, pero tamén do seu último traballo Si mi rayo te alcanzara, tres álbums que resumen unha vida de viaxes e vivencias cheas de influencias musicais.

Esta cita vólvese aínda máis especial ao contar tamén con Gustavo Santaolalla, músico e produtor musical arxentino, dúas veces gañador do Premio Óscar polas bandas sonoras das películas Brokeback Mountain e Babel.

O seu paso por Verín forma parte da súa xira Desandando o camiño e será un concerto que mostrará a ampla gama de composicións de Santaolalla a través dunha colección ecléctica que equilibra o instrumental con material vocal.

Os concertos de ambos os artistas terán lugar no Recinto A Preguiza, con acceso libre para todos os públicos, e o evento dará comezo ás 21:00 horas

NOTICIAS VERÍN | Xoel López e o oscarizado Gustavo Santaolalla, xuntos na Preguiza,...