O Concello de Verín abre hoxe ao público a tenda oficial do Entroido 2026, un espazo situado na rúa Lisa que nace coa finalidade de apoiar a organización da festa e contribuír á posta en valor do Entroido de Verín, declarado Festa de Interese Turístico Nacional.
A tenda permanecerá aberta do 5 ao 17 de febreiro, coincidindo cos días previos e centrais do Entroido, ofrecendo a veciños e visitantes a posibilidade de adquirir produtos oficiais co emblema identificativo da celebración.
O horario de apertura será de 12:00 a 14:00 horas pola mañá e de 18:00 a 20:30 horas pola tarde.
Entre os artigos á venda atópanse suadoiros, camisetas, panos, bolsas, láminas conmemorativas do Entroido e chapas, unha ampla variedade de produtos pensados tanto para lucir durante as festas como para levar un recordo desta cita tan emblemática da comarca.
💶 Prezos dos produtos
• Suadoiros: 30 €
• Camisetas: 15 €
• Bolsas: 7 €
• Panos: 5 €
• Láminas do Entroido: 5 €
• Chapas: 2 €
Dende o Concello destacan que esta iniciativa busca reforzar a identidade do Entroido de Verín, apoiar o seu financiamento e permitir que a cidadanía participe activamente na difusión dunha das festas máis representativas de Galicia.
