martes. 23.04.2024
PHOTO-2021-06-10-20-49-39
A exposición no Centro Social de Vilela. | FOTO: Maribel Bouzas

A localidade de Vilela celebra, como cada 11 de xuño, a festa do Sagrado Corazón. Por mor da pandemia, esta vez adaptada ás circunstancias. "Será un pouco diferente a de anos pasados pero o importante é facer algo, para sentir que xa estamos volvendo un pouco á normalidade", afirma Maribel Bouzas, pedánea de Vilela. "Este ano cambiamos as orquestras por unha exposición que ensina a riqueza cultural de Vilela. Ese é sempre un bo motivo para levala a cabo", engade.

A mostra acolle obras de tres artistas locais. Tallas deseñadas en madeira por Gerardo Fernández e cadros resultantes da destreza dos pinceis de Lourdes de Gil e María Pérez. Estará aberta ao público a partir de mañá no Centro Social da localidade e durante toda a fin de semana. As obras poderán ser contempladas de 11 a 13:30 pola mañá, e de 16:30 a 21:00 en horario de tarde. 

A música non para

A pesar de non contar con espectáculos multitudinarios por mor da Covid-19, a música segue a estar presente na celebración. Será o domingo, día 13 de xuño, na sesión vermú posterior á celebración da misa. Estará amenizada por Edelmiro Mateo "Mirito" e o seu acordeón. "Estou moi agradecido de que Gerardo pensara en min para animar un pouco a festa. Toda ocasión é boa para tocar, non hai nin un só espazo prohibido para a música", afirma Edelmiro.

A este evento foron convidados o deseñador Roberto Verino; o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, os concelleiros e membros da oposición; e o actor e director Rubén Riós. Tódolos actos están organizados pola Asociación de Veciños de Vilela (ASVEPOVI) coa colaboración do artista Gerardo Fernández.

3c0a0f79-d9ed-4862-8695-323d434a4c92A programación da fin de semana en Vilela. 

NOTICIAS VERÍN | Vilela acolle unha exposición de artistas locais para celebrar o...