miércoles. 09.10.2024
Cartel promocional do Túnel do Viño da D.O. Monterrei en Cariño.
Cartel promocional do Túnel dos Viños da D.O. Monterrei en Cariño.

O Túnel dos Viños da Denominación de Orixe Monterrei viaxa mañá ata o Cabo Ortegal. Concretamente, a localidade coruñesa de Cariño será a que poida degustar máis dunha trintena dos seus brancos e tintos elaborados en 19 adegas que forman parte da D.O.

A Local Social de Cariño, ubicado na Casa do Concello, acollerá este acto de degustación entre as 17:00 e 21:00 horas. Esta actividade promocional diríxese ao sector da restauración, da hostalaría, das sumillería e da distribuciós, pero tamén a escolas de hostalaría, entre outros.

Os asistentes terán a oportunidade de coñecer a historia e tradición vitivinícola de Monterrei, as peculiaridades edafoclimáticas, as variedades de uva ou as tipoloxías de viño. As adegas que participan nesta actividade promocional serán as encargadas de transmitirlle todos estes datos e son Ladairo, Pazo das Tapias, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Terrae Monterrei (Adegas Terrae), Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada.

NOTICIAS VERÍN | Cariño terá a oportunidade de catar os viños de Monterrei