lunes. 06.05.2024
Esther Estévez, quen conduciu a gala, recibiu una agasallo da organización do FIC. | FOTO: Iván Iglesias.
Esther Estévez, durante a gala de entrega de premios do Festival de Curtas de Verín do pasado ano. | FOTO: Iván Iglesias.

A súa carreira profesional é meteórica. Dende que Esther Estévez Casado comezara a poñerse diante das cámaras facendo pácticas no FIC Vía XIV de Verín somentes pasaron cinco anos e, iste venres, será a nova presentadora de Luar, o coñecido programa da TVG comandado polo incombustible Xosé Ramón Gayoso.

A súa carismática naturalidade ante as cámaras conseguiu abrir o galego ó mundo virtual dun xeito descomunal a través do coñecido programa Dígocho eu e das redes sociais. Precisamente o éxito diste programa fizo que gañara o Premio Mestre Mateo á mellor comunicadora en dúas edicións consecutivas: na 20ª edición dos premios no 2022 e iste mesmo ano.

Y la pregonera de la noche, la verinense Esther Estévez. | FOTO: Anabel G. Simón.
Esther Estévez na Feira do Viño de Monterrei, da que foi pregoeira niste 2023. | FOTO: Anabel G. Simón.

Nada en Verín no 1997, Esther Estévez estudiou xornalismo en Compostela. No 2018 fixo prácticas no Festival de Curtametraxes de Verín e na edición do pasado ano do FIC, xa consolidada coma profesional, foi a encargada de presentar a Gala final de Premios do certame de cine. Un evento no que demostrou o seu cariño polo festival e pola súa vila. Iste ano, tamén participaba na Feira do Viño de Monterrei, sendo a pregoeira da festa de exaltación dos caldos da bisbarra.

NOTICIAS VERÍN | A verinesa Esther Estévez será a nova presentadora do Luar