martes 28/09/21
Ás 19:00h no estadio José Arjiz

NOTICIAS VERÍN | O Verín C. F. conmemora o domingo o seu medio século nun partido contra o histórico Pontevedra

Partido conmemorativo do medio século de vida do Verín C. F. este domingo no Arjiz.
Partido conmemorativo do medio século de vida do Verín C. F. este domingo no Arjiz.

O Verín C. F. segue a festexar os seus primeiros 50 anos de vida con diversos actos e actividades. Desta volta, cun convidado de excepción, o Pontevedra C. F., conxunto co que se cruzou por primeira vez en competición oficial hai 40 anos. Ambos disputarán un encontro conmemorativo -o Trofeo 50 aniversario- este domingo 29 ás 19:00h no estadio José Arjiz, para o que xa se poden adquirir as entradas.

Ana e Bea, colaboradoras do club, promocionando o partido do 50 aniversario na praza García Barbón.Ana e Bea, colaboradoras do club, promocionando o partido do 50 aniversario na praza García Barbón.

Acudir a este partido especial ten premio, xa que os titulares das entradas entrarán nun sorteo de xamóns, pack de viños e produtos oficiais do club. Segundo informan dende a institución, os socios poderán recoller os seus respectivos carnés nas oficinas do club o propio día do partido a partir das 17:00h.

NOTICIAS VERÍN | O Verín C. F. conmemora o domingo o seu medio século nun partido...
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade