sábado. 05.10.2024
maiocarlos
Os últimos maios celebrados ata o de agora, en 2019. | FOTO: Carlos Montero.

Son dez os colectivos que traballaron na elaboración das tradicionais coplas dos Maios. Ao igual co ano pasado, Verín celebra esta senlleira festa mantendo a elaboración dos versos pero adaptados e optimizados para a súa lectura e difusión a través de internet e dispositivos móbiles.

A concelleira de Cultura, Emilia Somoza, quixo destacar o «extraordinario esforzo e a implicación» que continúan a demostrar todos os colectivos participantes, «posibilitando, grazas seu gran traballo, que entre todos e todas manteñamos viva a esencia desta tradicional festa no actual contexto de limitacións provocado pola pandemia da Covid-19».

A concelleira de Festexos tamén agradeceu o «altruísmo e compromiso social das asociacións que, ao igual q os colexios e institutos que elaboran as coplas, non recibirán este ano ningún tipo de contraprestación por participar», permitindo así  que o Concello poida doar íntegra a cantidade  orzamentada para os Maios ao programa de atención ás necesidades básicas de persoas da comarca de Verín do C.D.R. Portas Abertas.

Os colectivos que están a elaborar coplas son os seguintes:

  1. IES Xesús Taboada Chivite
  2. Colexio Plurilingüe María Inmaculada
  3. Colexio Apostólico Mercedario
  4. CEIP Princesa de España
  5. CEIP Amaro Refojo
  6. CRA Monterrei
  7. Asociación de Mulleres Rurais Flor da Xesta
  8. Conservatorio de Música de Verín
  9. O Maio dos Patos e
  10. a Asociación Verinense de Amigos da Música.

 

A Celebración dos Maios en tempos de Covid-19

Ao non ser posible a venda das coplas e a recadación de fondos solidarios para as asociacións participantes, así como a elaboración dos Maios Florais, debido ás restricións derivadas da actual situación sanitaria provocada pola pandemia, o Concello de Verín mantén o formato creado a pasada edición, destinando a cantidade orzamentada para devanditos festexos a fins sociais.

NOTICIAS VERÍN | Velaí os Maios 2021, un ano máis, en modo telemático