Venres. 29.03.2024
O coche de Manuel cos dous disparos.
O coche de Manuel cos dous disparos.

Manuel Rodríguez, un veciño de Queirugás, denunciou ante a Garda Civil que este sábado, arredor das 15:30h, o seu coche recibiu dous impactos de cartucho, procedentes, aparentemente, dos cazadores dunha batida de xabaril.

Segundo o seu propio testemuño, circulaba detrás dunhas persoas que se dispoñían a tirar lixo preto dunha finca da súa propiedade, para chamarlles a atención. Posteriormente, ao dar a volta, sentiu o impacto dos disparos e detivo o coche á altura do cruzamento de Queirugás. Confirmou nese momento a presenza dos dous orificios no lateral esquerdo do coche, na porta do condutor. Non cre que fose intencionado aínda que si afirma que os supostos cazadores se agocharon.

Tras esta experiencia, o afectado afirma que leva varios días sen durmir, asustado, e aproveita para pedir precaución e responsabilidade tanto aos cazadores como ao resto da poboación, xa que é un lugar de moito tránsito peonil.

NOTICIAS VERÍN | Un veciño de Queirugás denuncia dous impactos de cartucho no seu coche...