Venres. 29.03.2024
Extruga Fest 2022_03
Festival Extruga na rúa o ano pasado, cun cheo absoluto. | FOTO: Arquivo.

Volve a segunda edición do concurso de música emerxente que organiza o Festival Extruga na rúa coa colaboración do Concello de Verín. Bandas e solistas poderán participar no concurso coa ilusión de gañar un premio que ofrece unha dotación económica de 350 euros e a posibilidade de actuar no Extruga Festival 2023 que se celebrará do 25 ó 27 de agosto.


O Extruga festival e o Concello de Verín realizan a segunda edición deste concurso de música emerxente coa finalidade de “impulsar a novas bandas e fomentar a cultura na zona”, informan dende a organización. O concurso está aberto a calquera proposta musical. Neste ano, o concurso non contará cunha semifinal.

Para poder participar no concurso, haberá que se inscribir a través das redes do Festival Extruga na rúa. O prazo de inscrición remata hoxe, 19 de abril, ás 21 horas. As votacións serán do 21 de abril ao 29 ás 23.59 h. Para participar é necesario ser maior de idade ou ter máis de 16 anos e contar coa autorización das persoas tutoras legais.

Como participar

  1. Inscríbete nun comentario das súas redes sociais. O Extruga porase en contacto para encher o formulario.
  2. Unha vez finalizada a inscrición, publicaranse os artistas anotados para comezar as votacións.
  3. A publicación que máis comentarios e likes teña será a gañadora.

As bases completas do concurso están a disposición das e dos artistas nas redes sociais do festival.

NOTICIAS VERÍN | Último día para anotarse no concurso de música emerxente do Festival...