martes. 30.04.2024
Samanta Barreira -concelleira de Festexos- e Gerardo Seoane, o alcalde, na presentación da programación do Entroido de Verín 2024.
Samanta Barreira -concelleira de Festexos- e Gerardo Seoane, o alcalde, na presentación da programación do Entroido de Verín 2024.

Esta mañá, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e a concelleira de Turismo, Cultura, Festexos e Conservatorio, Samanta Barreira, presentaron no Salón de Actos da Casa da Cultura a programación oficial do Entroido 2024, un total oito días repletos de festa e diversión con máis de 150 horas de música en directo e unha programación concibida para o desfrute de todos os públicos.

Un total de 50 actuacións de música itinerante, dez orquestras e cinco disco móbiles marcarán o ritmo do entroido de Verín, que comeza o día 1 co xoves de  compadres e termina o 13 de febreiro co martes de entroido. Así o confirmou Samanta Barreira, quen destacou que este ano conta con dúas importantes novidades organizativas que buscan mellorar tanto a seguridade como a experiencia de usuario.

Novidades do Entroido de Verín

Por un lado, o tradicional pregón do domingo de Corredoiro, xunto coa animación musical, trasladarase á Praza da Alameda. Segundo explicou Gerardo Seoane, "esta determinación ten como principal obxectivo mellorar a experiencia dos usuarios; tanto das persoas que acudan a desfrutar do día como dos propios cigarróns, permitindo que desfilen e corran pola Praza sen contratempos". Nesta edición, ao igual que en anos anteriores, o pregón correra a cargo doutro dos nosos ilustres entroideiros, Toño Cesteiro.

Co compromiso de priorizar a seguridade dos asistentes, implementarase un cambio substancial no que aos  escenarios das orquestras se refire, utilizado un só espazo por día para todas as agrupacións musicais (a diferenza de anos anteriores, nos que se utilizaban dous escenarios). Esta decisión estratéxica ten como obxectivo optimizar as vías de evacuación. "O propósito principal é garantir un acceso efectivo e rápido dos diferentes vehículos de emerxencia, como ambulancias e bombeiros, en caso de calquera eventualidade", sinalou Samanta Barreira.

Anunciouse tamén que nesta edición poténciase a programación infantil axendada para o luns de entroido cunha tarde repleta de talleres temáticos, variados xogos populares e animación musical. "Este ano como novidade", explicou a concelleira de Festexos, "haberá obradoiros de elaboración de máscaras e de capuchóns, destinados aos máis pequenos da casa".

 

Programa completo do Entroido de Verín

XOVES DE COMPADRES (1 de febreiro)

00:00 h: Os compadres percorrerán as rúas Montemaior (saída), Praza García Barbón, Cruz, Praza da Mercé, Laureano Peláez, Irmáns Moreno, Deputación, Luís Espada, Lisa e Praza García Barbón, ataviados cos seus característicos chapeus, bigotes e gabardinas, onde celebrarán o xuízo e a queima do Maragato.

Charangas:

00:00 h : Los Támega e a Banda de Gaitas do Concello de Verín.

Praza García Barbón

1:00 h: Festa na Praza García Barbón con Disco Móbil Enjoy.

DOMINGO DE CORREDOIRO (4 de febreiro)

11:30 h: Popular concentración de Cigarróns con saída desde a Avenida de Castela. Os fregueses e fraguesas serán recibidos polos cigarróns á saída das igrexas RR.PP Mercedarios e Parroquial.

Praza da Alameda

12:30 h: Disco Móbil A Gramola

13:30 h: Pregón

19:00 a 22:00 h:  Orquestra M3

Charangas

11:30 a 13:30 h: Los Támega, Alerta 112, Abóbriga

17:00 a 20:00 h: Abóbriga e Alerta 112 

XOVES DE COMADRES (8 de febreiro)

11:45 h: Desfile Infantil de Entroido. Participan todos os centros de ensinanza da comarca de Verín.

Recorrido: desde o entroncamento de Canella Cega coa rúa Cabreiroá, rúas Deputación, Luís Espada e Lisa, para finalizar na Praza García Barbón.

Cruceiro do Castelo de Monterrei (camiño real)

00:00 h: Descenso da comitiva polo camiño real, encabezada por Don Carnal.

Barrio de San Lázaro (Casa do Escudo)

00:30 h: A Raíña recibirá a comitiva e dirixiranse á Praza García Barbón para dar a benvida ás longas noites de festa no Entroido de Verín.

Animación a cargo das Disco Móbiles Enjoy e A Gramola.

Praza García Barbón

1:00 a 4:00 h: Orquestra Marbella.

Charangas

11:30 a 13:30 h: Los Támega, El Tattoo, Vakapinta, Noroeste, TDB

21:00 a 1:00 h: Los Támega, El Tattoo, Vakapinta, Noroeste, TDB, Alerta 112

VENRES DE COMPADREO (9 de febreiro)

Rúas de Verín

19:00 Carros de compadreo: desde o barrio de San Lázaro sairán dous carros do compadreo cara á rúa Irmáns Moreno, onde os entroideiros degustarán viño e o tradicional porco ao espeto.

Música da carrada: Festicultores Troupe.

Rúa Irmáns Moreno

20:00 h: Disco Móbil Space

Praza García Barbón

00:30h a 3:30 h: Miramar

Charangas

11:30 a 13:30 h: Felga de Maceda

19:00 a 22:00 h: Felga de Maceda

SÁBADO DE ENTROIDO (10 de febreiro)

11:30 a 13:30h: As charangas Jalácticos e Roxedoiro percorrerán as rúas.

Praza da Mercé

16:30 h: O "Bautizo do Cigarrón", momento solemne e esperado polos novos cigarróns no que serán investidos.

18:00 h: Baile de Capuchóns e Mascaritas amenizado pola Disco Móbil SPACE

Rúas de Verín

17:00 a 22:00 h: Circuíto de charangas. Jalácticos, Roxedoiro, Caliqueños, Big Band e Los Támega levarán a música polas rúas de Verín.

Praza García Barbón

19:00 a 20:30 h: La Oca

20:30 a 22:00 h: La Banda de Ayer

00:30 a 02:00 h: La Oca

02:00 a 03:30 h: La Banda de Ayer

DOMINGO DE ENTROIDO (11 de febreiro)

12:00 h: Gran desfile matinal ofrecendo aos asistentes un espectáculo cheo de música, cor, orixinalidade e humor que se prolongará até a hora de xantar.

Praza García Barbón

19:00 a 20:30 h: Compostela

20:30 a 22:00 h: Trébol

00:30 a 02:00 h: Compostela

02:00 a 03:30 h: Trébol

Charangas

12:00 a 13:30 h: Los Támega, Noroeste, El Tattoo, Vakapinta, TDB, Felga De Maceda, FUEGO (*Desfile).

17:00 a 22:00 h: El Tattoo, Vakapinta, Noroeste, TDB e FUEGO.

LUNS DE ENTROIDO (12 de febreiro)

Pavillón Municipal de Deportes

17:00 a 20:00 h: Entroido Infantil

Discomóbil Verbena.

Obradoiro de capuchóns.

Obradoiro de máscaras e antifaces.

Xogos tradicionais.

Centro da Terceira Idade da Alameda.

Baile de entroido coa Charanga Noroeste

Praza García Barbón

17:00 a 20:30 h: Disco Móbil Mono

20:30 a 22:00 h: JB Son

00:30 a 02:30 h: JB Son

Charangas

11:30 a 13:30h: Noroeste e Xuntanza

17:00 a 20:00h: Noroeste e Xuntanza

MARTES DE ENTROIDO (13 de febreiro)

Rúas de Verín

16:30 horas: o derradeiro desfile repleto de máscaras, disfraces e grandes doses de humor.

Praza García Barbón

19:00 a 20:30 h: Finisterre

20:30 a 22:00 h: Fania Blanco Show

00:30 a 2:00 h: Finisterre

2:00 a 3:30 h: Fania Blanco Show

Charangas

11:30 a 13:30 h - Vakapinta e Felga de Maceda

16:00 (Desfile) – Vakapinta, Felga de Maceda, Los Támega, Noroeste, BB+

NOTICIAS VERÍN | Toño Cesteiro lerá o pregón do Corredoiro, que este ano será na Alameda