viernes. 03.05.2024
César Fernández, alcalde de Ribadavia; Pedro González Boquete, director ejecutivo de Leite Noso; José González, conselleiro de Medio Rural e Aníbal Blanco, xerente de Tapias Mariñán.
César Fernández, alcalde de Ribadavia; Pedro González Boquete, director ejecutivo de Leite Noso; José González, conselleiro de Medio Rural e Aníbal Blanco, xerente de Tapias Mariñán.

O conselleiro do Medio Rural, José González, interveu esta sábado na clausura dos Premios Bacelos de Prata en Ribadavia, organizados pola Asociación Álvaro de las Casas, que recoñecen o labor das empresas que apostan polo galego na etiquetaxe dos seus produtos.

Durante a súa intervención, González sinalou a importancia do uso do galego no mundo empresarial, máis concretamente no sector agroalimentario, que conta cunha gran proxección internacional debido a eses atributos. Así, puxo en valor a inclusión de aspectos culturais como o idioma que, ademais de proxectar Galicia como sinónimo da produción de excelencia e calidade, consolídanos como un destino atractivo.

O titular de Medio Rural aproveitou a ocasión para felicitar aos galardoados. En primeiro lugar, deulle a noraboa á Adega Tapias Mariñán, adscrita a denominación de orixe Monterrei e gañadora de varios Acios de Ouro das Catas de Galicia. Neste sentido, explicou que se trata dunha “felicitación dobre” para a adega, xa que tanto no Ribeiro como en Monterrei as denominacións de orixe aumentaron a súa produción con respecto á última campaña.

Neste 2023, tal e como indicou o conselleiro, estase a rexistrar a campaña da vendima máis abondosa do decenio, aproximándose á mellor da historia -do ano 2011-. Seguindo esta liña, sinalou que a denominación de orixe Ribeiro superou os 11,5 millóns de quilos de uva recollidos e a DO Monterrei volve a medrar un ano máis, acadando os 6,8 millóns de quilos de uva recollidos.

De seguido, felicitou á outra empresa galardoada, a sociedade de gandeiros Leite Noso que, segundo explicou o conselleiro, é comercializadora de marcas lácteas de grande relevancia para a comunidade galega.

NOTICIAS VERÍN | Tapias Mariñán recibe en Ribadavia o premio Bacelos de Prata